En 1991 marchei cara á Coruña con 35.000 pesetas, unha pequena fortuna que aforrara ao longo de case dous anos. Algunhas horas despois estaba de regreso na Tablilla cunha réplica da mítica Fender Stratocaster e o seo correspondente amplificador. Moi de vez en cando saco da funda aquela vella amiga Coreana (Unha Cort vermella e branca) e penso en todos os somos que esborranchei naquel mastro de madeira. E sei que a pesarde que ningún se compriu, tam´ne fou unha forma de ser feliz. A Culpa no meu caso non foi de Leño, foi, polo menos en boa parte, do que hoxe é Zënzar, explícome:
En 1989 unha chamada a Radio Cerceda tróuxome de agasallo una casete TDK onde estaban gravados algún temas de Mördor. Lembro entrar atrpeladamente no estudio radiofónico preguntando por un tal Bocixa. Mil e unha veces escoitei aquela cinta que desafortunadamente se perdeu na noite dos préstamos impprudentes. Mördor transmutouse axiña en Zënzar pero eu, dende maior ou menor distancia, non deixei de seguir cada paso que daba aquel grupo da outra extrema do concello.
Y PORQUÉ CANTÁIS EN GALLEGO?
A banda foi medrando, madurando, e aquel Rock primeiro foi dando paso a temas nos que se pode rastrexar unha parte da nosa historia. Que mellor crónica Rockeira do que estaba acontecer en Cerceda (Digamos que en todo o país) que o Album «Disparados ao futuro» (1997), «Adeus mundo tradicional, benvido futuro, futuro, futuro, futuro (No future?… e en 2009 a acta de defunción daquel pasadoque xa non existe, pero do que Zënzar é herdeiro: A TRIBO.
ACOUGHA! AÍNDA NON MORREMOS!
Mais hai algo que co paso do tempo podemos ver con máis claridade: Zënzar eran as últimas muxicas de rebeldía orgullosa dunha sociedade que se sabía derrotada. Unha tribo que algunhas décadas antes empezara a entregar as armas e tomara o camiño da Coruña ou doutras cidades de centroeuropa. Cómo era posible que nesa hemorraxia constante marcada polo avellantamento poboacional xurdiran tantas bandas de Rock? Primeiro a finais dos 70 estrelas fugaces coma COBRA ou ÁTOMO… e despois bandas como DESERTORES DO ARADO, NASSER, MACHINA e entre todos eles, como unha especie de resistencia indomable, mítica: ZËNZAR.
Texto: Moncho Vilar Landeira do Imprescindible Libro A Culpa foi de Zënzar de Laura Romero.
https://zenzar.info/a-culpa-foi-de-zenzar/