Camiño Dos Faros 2023, Etapa 0

Razo - Malpica

Un dos grandes atractivos da nosa terra é a posibilidade de poder percorrer a pé senllas litorais, adentrándote por camiños á beiriña do mar, que che permiten cheiralo, ulilo e espialo. No caso deste roteiro, que flúe entre os municipios de Carballo e Malpica a través de uns 18 quilómetros, podemos gozar do contraste entre o bosque verde e o azul do mar.

O Roteiro comeza na praia de Razo, un areal inmenso de uns 1300 metros de lonxitude en mar aberto, unido á praia de Baldaio, co que forma un singular conxunto natural de dunas, marisma e lagoa.

Logo atopámonos coas praias de As Torradas e Riás, dous areais situados nunha contorna agreste e idílica. Cando está a marea baixa son máis impresionantes e únense nun só. Nese momento pódese pasear descubrindo covas e rocas de mil formas e contemplar de lonxe a península de Malpica e as Illas Sisargas.

Durante o percorrido o mar sempre se atopa á nosa dereita mentres nos acompañan zonas de piñeiros atlánticos. Os que crecen máis preto do mar adoptan unha forma moi específica como un paraugas ladeado para protexerse da forza do vento.

Nos recunchos máis profundos do bosque Ryhope, un lugar apenas atopado polo home e máis extenso do que indican os mapas, existe unha maxia primigenia que provoca que mitos e lendas encárnense en seres tanxibles… { Robert Holdstock, Bosque Mitago }

Un pouco máis tarde nos deviamos os pintorescos Muiños da Ribeira  (Ardeleiro),  un conxunto etnográfico formado por cinco muíños que van seguindo o curso do Rego dous Muíños, un pequeno regato que morre no mar. É por iso que hay unha pequena fervenza ás súas beiras. Estes muiños teñen nome propio, o de daqueles que os construíron: Muíño do Pirillete, Muíño do Tecedén, de Mandeón, de Varela, Muíño Novo…

Moi preto dos muíños pódese ver unha cruz de pedra que lembra o tráxico naufraxio do barco de cerco malpicán “Os Tonechos” en 1991 no que morreron os seus 9 tripulantes, varios dos cales pertencían á mesma familia.

Finalmente Malpica de Bergantiños apareceu aos nosos pés, e despois de baixar ao seu porto, recuperamos forzas cuns petiscos e cervexa.

Fotografías: Roberto Rey. Realizadas con Sony A7III + Objetivo Radiactivo Canon FD 35mm F/2.0, fabricado en 1971
https://robertorey.photo/blog/objetivos-radiactivos
RutaSalitre Malpica. WikiLoc.

Só queda agradecer á asociación Salitre a excelente organización do roteiro.

 

 

Deja un comentario

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Roberto Rey Domínguez.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio. El Titular ha contratado los servicios de alojamiento web a Dinahosting que actúa como encargado de tratamiento.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

error: Roberto Rey Domínguez © 2024. All Rights Reserved.