COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eidos

Eidos

Eiquí síntese ben o pouco que é un home ...

TERRA moura das montañas! Boa terra que dás auga e teis auga nas entrañas! ZOA o vento e relumbra polas uces. Sae o Sol e súmese nas nebras. Polos montes baixan e ruben sombras longas resgadas e negras … Pasan as nebras por riba da braña e polo monte o sol a manchas. Pasan as nebras por baixo da auga …

  • Cámara Sony A7III
  • Objetivos Sony 16-35mm f4 & Voightlander 40mm f1.2
  • Texto Uxío Novoneyra

CHOVE maina e calada
Veinse of fius da auga
contra as bandas das penas…
En soutos e devesas
as pingoadas esvaran e baixan
petando de folla en folla.

Agora
eu son sólo pra choiva.

SEGÚN a tarde vai caindo
vánseme sumindo
os soños na sombra e vai rubindo
a door.

Según a noite va entrando
vánseme afogando
os soños na sombra e vai medrando
a door.

Según a noite vai enchendo
vánseme perdendo
os soños na sombra e vai podendo
a door.

QUEN na outa tarde
anduvo a catar o aire
sabe que a sombra é máis
que unha lene escuridade.

/

O AIRE ten unha cousa
que se perde se un a conta.

Síntese o tempo longo, que pasou pouco a pouco…

CHOVE pra que eu soñe…

Siguiente

Banco de Luz

error: Roberto Rey Domínguez © 2024. All Rights Reserved.